Descripción

A pista de xeo do Concello de Gondomar, atópase na pista polideportiva de A Feira, fronte ao Pavillón Municipal Bernabé Costas de Miranda,  (Av. Campo da Feira, nº30).

A súa ubicación é de facil localización e ten acceso directo dende a AG-57.

Conta cunha zona ampla de parking gratuíto, acceso para PMR, e ao seu redor podes atopar cafeterías, restaurantes, bocaterías, kioskos...

Atópase a 500 metros da estación de autobuses e a 150 metros da parada de Taxi.

Está cuberta por unha gran carpa.

O horario da pista é de 11:00 a 14:00h pola mañá e de 16:00 a 21:00h pola tarde.

O prezo da entrada é de 3€, e xa vai incluído o aluger dos patíns. 

Con cada entrada terás dereito a unha sesión 45 minutos: os 15 minutos iniciais e finais destínanse ao cambio de patíns.

Ademais pódense alugar casco e apoios para axudar a patinar por 2€. Tamén hai venda de luvas a 1,5€.

Os menores de idade deberán que ir acompañadso dunha persoa adulta.

* Para grupos superiores a 20 persoas ou excursións,  deben poñerse en contacto na seguinte dirección de email: alcaldia@concellodegondomar.gal 

CANCELACIÓNS

  • Podes cancelar a reserva ti mesmo sen coste algún antes das 3h do inicio da mesma. Fora de ese tempo perderas o importe da reserva como pago polo "coste de oportunidade".

Normativa

 NORMATIVA DE USO DA PISTA DE XEO

1.  O usuario é consciente dos riscos que supón a actividade. 

2. O concello non se fai responsable dos posibles danos que se poidan derivar de caídas ou golpes producidos durante o uso da pista. 

3. O concello non se fai responsable da perda de obxectos persoais.

4. Obrigatorio o uso de luvas.

5. Obrigatorio patinar no sentido das agullas do reloxo.

6. Respectar ao resto dos patinadores.

7. Respectar as indicacións dos monitores ou da organización.

8. Prégase respectar as quendas e tempos establecidos en cada unha delas.




MERCA A TÚA ENTRADA

Seleccione una opción
¿Has comprado un bono o abono?
Comprar Entradas
Ver condiciones de reserva