A Pista de xeo do Concello de Vimianzo atópase na Praza do Concello Nº6 C.P. 15129 en Vimianzo -(A Coruña)-.
A Pista de Xeo Natural é dunha dimensión de 10mx20m e está instalada baixo carpa.
O Horario da Pista de Xeo Natural é de 11:00h da mañá ás 23:00h da tarde.
*Exceptuando os días 16 de Decembro (Inauguración as 16:00 h da tarde ata hora de peche, e os días 19,20,21 e 22 de Decembro con apertura as 14:00h do mediodía e peche as 23:00h da noite).
*O día 24 e 31 de Decembro a pista de xeo pechará ás 21:00h.
*O día 25 de Decembro e día 01 de Xaneiro a pista non abrirá ata as 16:00h.
Coa compra da entrada terás dereito a unha sesión de 45 minutos: os 15 minutos restantes destínanse para o cambio dos patíns.
O uso dos patíns están incluídos en todas as entradas.
Ademais pódense alugar cascos e apoios do patinador.
O prezo da entrada son 5€ (entrada sen bono), con bono comercio a entrada será gratuita.
* É obrigatorio e requisito indispensable que na inscrición se poña o Código Postal para facer a reserva da entrada á instalación pista de xeo.
NORMATIVA DE USO DA PISTA DE XEO
1. O usuario é consciente dos riscos que supón a actividade.
2. O concello non se fai responsable dos posibles danos que se poidan derivar de caídas ou golpes producidos durante o uso da pista.
3. O concello non se fai responsable da perda de obxectos persoais.
4. Obrigatorio o uso de luvas.
5. Obrigatorio patinar no sentido das agullas do reloxo ou según indicacións dos monitores que rexentan a pista de xeo.
6. Respectar ao resto dos patinadores.
7. Respectar as indicacións dos monitores ou da organización (quendas, sentido do patinaxe, uso correcto dos materiais e a instalación)
8. Prégase respectar as quendas e tempos establecidos en cada unha delas.
HORARIO
1. O tempo máximo de uso da pista será de 40-45 minutos por quenda.
2. Os 10-15 minutos iniciais empregaranse para o cambio de patíns.